Contexto histórico
Ao inicio do século XIX Gran Bretaña era o Imperio militar e comercial máis importante do mundo. Estaba fundamentado no control das rutas comerciais procedentes das súas colonias desde onde a través de man de obra esclava extraía materias primas para a nacente industria. O modelo económico capitalista permitía financiar ao exército -mellor dito, a Armada- e explotar os recursos conquistados en réxime de monopolio. Un círculo virtuoso dos de toda a vida.
A expedición
En este contexto enmárcanse as viaxes de exploración que desde o século XV iniciaron portugueses, neerlandeses, españois, ... e ingleses. Todos en busca de optimizar a extracción de materias primas e o comercio a través da exclusiva de rutas marítimas.
No século XVIII-XIX, axudada principalmente pola tecnoloxía das máquinas de vapor incorporadas aos navíos, puidose intentar abrir novas rutas viaxando preto dos polos do planeta (menor distancia lineal).
Entre esas rutas estaba o Paso do Noroeste, comunicar os oceanos Atlántico e Pacífico a través do norte de Canadá.
Public Domain, Link
Gran Bretaña liderou durante décadas a Exploración Ártica (en ambos polos en realidade), e unha das expedicións máis famosas (quizáis polo desenlace) foi a de Sir John Franklin.
By Hans van der Maarel - Previously unpublished. Provided by author to me for uploading on his behalf., CC BY-SA 4.0, Link
En esta expedición se fundamenta o desenvolvemento da novela, dramatiza a abundante documentación dispoñible e incorpora elementos de fantasía e terror a trama.
Trama
Desde os preparativos e inicio da viaxe, contextualizando a mesma, o autor presenta cada capítulo desde o punto de vista de un dos personaxes principais.
Sexan os capitáns do Erebus e Terror (míticos barcos da exploración marítima), os médicos da expedición, varios suboficiais ou mariñeiros, somos introducidos tanto as dificultades e miserias inherentes a este tipo de viaxes (e asumidos estoicamente como inevitables) como aos elementos fantántiscos introducidos polo autor. Finalmente, explícanos de xeito alegórico (de forma poética e fermosa) a natureza do Ser do Xeo, que durante a novela eleva a nivéis altamente dramáticos o medo e desesperación das tripulacións dos navíos atrapados na banquisa de xeo durante dous invernos árticos.
As tripulacións vense ao fin forzadas a intentar salvarse fuxindo da súa trampa de xeo e tamén do Ser do Xeo. Ambos parecen competir nunha carreira por ser máis mortíferos.
O frío e a fame, descritos con profusión, semellan metérseche dentro polo xeito intenso en que están descritos. Si en Meridiano de sangre de C. McCarthy, o deserto era un protagonista máis, aquí natureza exprésase a través do inclemente que se mostran o mar xeado, o vento e o frío.
Durante tres anos de penurias son cazados por un ser do xeo e asasinados pola fame e o frío.
Se había reconciliado de tal manera con la certeza de su propia muerte en los días o las semanas venideros que hasta el pensamiento de la posible salvación era casi doloroso.
Desenlace
A historia real da Expedición perdida de Franklin non remata ben para os personaxes (non descubro nada aquí) e a novela non se desvía do fatídico destino.
Mais o autor aproveita os capítulos finais cambiando totalmente o tono e facendo, na miña opinión, unha defensa e alegato a favor do debido respeto que merecen a natureza e os pobos que de xeito ancestral a habitan. A primeira da forma a cosmoloxía e a cultura que os pobos constrúen durante xeracións. Este coñecemento non só nos achega un respeto polo entorno, se non que en si mesmo é ferramenta de supervivencia. Sexa un mar xeado, un deserto, unha montaña, un val, ... alí hai persoas que aprenderon e se adaptaron. Este final tórnase poético realmente, os personaxes e monstruos atopan o seu lugar neste mundo.
Ligazóns
Visita The Terror, na wikipedia en inglés pois está chea de ligazóns interesantes.
Pode resultar interesante para entender o contexto da expedición polar El peor viaje del mundo. Situada cincuenta anos máis tarde na Antártida, pero ilustrativa do espíritu competitivo da empresa.
Non coñecía a Dan Simmons, e resulta que ten moita máis fama e recoñecemento pola súa serie de novelas de ciencia ficción Hyperion.
Comments
No comments yet. Be the first to react!