Son xa cinco as edicións do Festival Benéfico Deportivo Alas de Vida en Burela que organizado por Fanto Fantini Burela e BurelaBonita e o Concello. Un traballo de meses que levan a esta fin de semana de setembro.
Piel de Mariposa
A razón de esta xuntanza é divulgar, concienciar e obter axuda para a asociación Piel de Mariposa que traballa con persoas e familiares afectadas por esta enfermidade rara chamada epidermólisis bullosa.
Eventos lúdicos e familiares como a andaina o sábado e carreiras populares o domingo son as actividades que programan. Eu participei na carreira tipo Trail, un circuito de só 14,5km subindo ao monte que nace ao pé da vila.
A carreira comeza na plaza do centro da vila (primeira foto) e discurre inicialmente no paseo pola beiramar ate os arrebaldos, onde as persoas que corrían a carreira de 7km. daban volta e o resto collíamos pistas que nos levaron a subida máis importante do día, ate o cumio, salvando un desnivel de uns 330m. en 2km.
O acceso realizase por pistas sen dificultade técnica e con desnivel suave, pero chegados a un punto onde te metes ao monte propiamente dito comezamos a ir polo carreiro preparado e sinalizado para os descensos en BTT. Que digo eu que hai que ter moito nivel técnico e pouco medo para tirarse por ese carreiro abaixo :O
Arriba de todo hai unhas antenas e desde ese punto era todo hacia abaixo por terreo similar (revirado e empinado) ate que con un par de pistas de enlace xa estabas nas primeiras rúas da vila e directamente a plaza onde estaba a meta.
Antenas e Santos
Como feito curioso por ter visitado tantos lugares onde se realizan carreiras populares polo monte, teño a experiencia de que moitas veces chegas a un sitio que non coñeces a participar nun evento de estos e non sabes exactamente como é a ruta ou ate onde vos levaran. Un truco para sabelo é mirar arredor e ver si hai un monte con antenas ou ves algún indicador na beirarúa que indique dirección a Capela de Sta. XXXX. En caso afirmativo, as posibilidades de ter que subir ate ditos lugares son moi altas. Tanto Antenas como Capelas soen estar en lugares elevados e expostos, moi arriba :D
A carreira non era moi longa así que a saída non era cedo, pero cando saímos había certa néboa ou nubes que non deixaban pasar o sol que se intuía a través. A temperatura era fantástica -para correr- e non facía nada de vento.
Cadrou que ao pouco de comezar a subir o sol clareou ou, mellor dito, comezamos a saír das nubes e notamos como apretaba o sol. Notábase ben o calor, pero a min resultoume agradable, como un último aceno que nos facía o sol antes de ir perdendo forza no outono que comezaba o domingo. Alí embaixo estaba o mar de nubes do que saímos.
A sinalización da ruta era moi correcta si exceptuamos o último quilómetro, curiosamente xa na vila, onde tiñas que intuír por onde ir ao non haber marcas no chan nin persoal indicándoo. Repito: foi perfecta no resto da ruta. O avituallamento tamén foi axeitado e incluso superior ao habitual, pois tiñamos tres puntos onde poder coller auga para tan só 14km.
Civismo
Somos responsables as persoas que corremos pola natureza (e nas vilas!) de non ir deixando lixo tirado, sobre todo plásticos e botellas. En xeral, todas somos conscientes de dita responsabilidade, mais sempre hai que da a nota. Onte vin o caso contrario: unha persoa en plena subida dura que ía uns metros diante miña de súpeto parou e deu volta! Case chocamos e pensei que lle pasara algo, pero non, o que fixo foi recoller a botella de auga que lle caera. Non puiden máis que dicirlle grazas, ben feito pola súa actitude. Non debería ter nada de especial, e non o ten, pero en plena subida vas realmente esforzándote e non pensas igual, paréceche que por deterte e perder 5 segundos en recoller o que tiraches vas perder o ritmo ou, peor aínda! un posto na clasificación!. Non é que non penses igual, e que directamente non pensas, vas en piloto automático.
Hai uns días, en Broña ía detrás de outra persoa, nunha carreira moito máis levadeira e non se lle ocorre outra cousa que deixar a botella baldeira nun valado que había! Eu ía un pouco máis atrás e vino de lonxe, polo que ao pasar pillei a botella e leveina un bo anaco ate unha papeleira do lixo. Esta persoa non tiña xustificación, pois a organización tiña baldes para botar o lixo uns metros máis adiante do avituallamento e, sobre todo, estabamos nun lugar urbanizado onde non faltan contedores do lixo onde poder deixar os desperdicios.
Por esto quizáis me resultou agradable ver o xesto do compañeiro apañando a botella por contraste co visto había unha semana.
o resultado
O resultado da igual, paseino ben esforzándome a meu nivel e cheguei sen percances a meta. As sensacións iniciais non eran moi boas, pero hai que recoñecer que subín ben o tramo duro esforzándome pero regulando ben. É de gran vantaxe coñecer a subida, pois estou certo de que corrín en tramos que en outras carreiras, por non coñecer "o que ven despois", non tería corrido.
Cartaz do Festival Benéfico Alas de Vida
Grazas a todas as persoas que sacaron o Festival adiante.
Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.
Comments
February 3, 2024 11:33
I simply reckoned it is an outline to share in case other companies was first experiencing difficulty looking for still Now i’m a small amount of doubting generally if i here’s permitted to use artists and additionally explains relating to right. транспорт на кола от германия цена