O Tempo
O Tempo é o primeiro que miras ao erguerte. Chova ou quente o sol non vai cambiar a idea de ir a correr, e realmente nin me cambia o ánimo, pero é un xeito de establecer os parámetros mentais axeitados: o día está así e hai que tirar para adiante con el. Poderíase dicir que con frialdade, con frialdade profesional :P
Este domingo amenceu fresco e con algo de néboa pero estaba previsto un fermoso día de (pre)primavera. Así que a mención ao tempo non ven a conto de nada XD pero o primeiro que fixen pola mañán foi mirar que tempo facía.
Pequeno paseo ate o Real Aeroclube para pillar o dorsal e o autocar para o traslado, un par de saúdos rápidos e a amodorrase no asento do bus. En Pontemaceira había un pouquiño de néboa pero notábase que era só no río e que con sorte pronto despexaría. O frío, iso si, deixábase notar e non quitamos a roupa de abrigo ate minutiños antes da saída.
foto da web concello de Ames
Como chegamos con moito tempo pois aquí puiden saudar e comentar con moitas compañeiras de camiño, poñéndose ao día sobre as últimas aventuras, proxectos, saúde, ... e entre as persoas que participaron na andaina e as do trail xuntamos catrocentas e pico persoas na mañán do domingo.
Puntuais, pistoletazo de saída sen avisar e a darlle a zapatilla.
A ruta
Algo máis da metade do camiño era ao longo do río Tambre, pegadiños a el desde Pontemaceira ate a praia fluvial de Tapia. Camiños dos troiteiros, entre freixos, ameneiros, bidueiros e loureiros, pequenas incursións tombo arriba, pasos xunto a antigos muiños e entre pedras esvaradías, o camiño pouco máis permitía que ir de fila de a un, polo que as que xa coñeciamos o percal saímos un pouco a lume de carozo para intentar pillar o tren dos do teu nivel e así perder pouco tempo nesta zona. Xa clareou o sol.
"5 agosto 2010" by Saverio Sartori is licensed under CC BY-NC-ND 2.0
Pontemaceira non ten este aspecto en Febreiro, pero esta é unha imaxe típica.
O río levaba auga, pero 15 días antes estaría dous metros máis alto. A organización tivo sorte neste aspecto e nós para poder desfrutar sen risco e podendo apreciar a natureza de ribeira.
foto na web do concello de ames
Unha froita e vaso de auga en Tapia e comezaba a parte dura do camiño. Había que subir ata o campo de golf salvando uns 300m. de desnivel, pero agora o camiño era máis ancho e o grupo máis estirado, polo que era fácil ir ao propio ritmo.
Máis bonito era o tramo do río, pero aquí metéronnos durante un par de tramos subindo xunto a un regueiro que nesta época levaba bastante auga, clariña, e seguramente fría (aínda que correndo só a notas fresca) deixando ver as pedras do fondo e que tiñas que salvar de lado a lado.
Tras esta parte inicial da subida chegabas a pistas de monte sen complicación, anchas e con algo de desnivel suave que a xente máis forte sen dúbida fai correndo sen problema. Xusto no alto do monte Grande baixas polo medio da toxeira que te deixa de volta no Aeroclube.
Que gusto daba sentir o calor do sol de novo nas carreiras!
Me, me, me...
A miña carreira? Ben. Está mal dicilo, pero dame preguiza máxima pensar antes das carreiras sobre un plan a seguir. Miro os quilómetros, o desnivel, se vai quentar moito, onde hai que comerlle algo, ... pero básicamente vou a ver cómo se da o día e non levar un golpe.
Aquí atopeime ben. Saín fostiado (non me gusta!!) para intentar coller un grupo do meu nivel e non pillar atasco (como dixen arriba) pero tras baixar o ritmo deime conta de que ía fácil e relaxado. Así fun, desfrutando da natureza, das pedras, do sol, das árbores, de respirar, de correr, de que non me doía nada, ... (o país da piruleta oiga!!) ata Tapia. Que dito sea todo, no prado anterior perdín a zapatilla!! Quedou presa na lama!! Nunca me pasara tal, pero fixo chupón e alí quedou XD. Senteime tranquilamente a poñela e seguín. Comento o de tranquilamente porque fun consciente desa tranquilidade, sen agobios, sen correr. Fun consciente de que estaba alí para pasalo ben, non para chegar cinco postos adiante ou atrás.
As ansias competitivas chegaronme máis tarde, ao saír do tramo do rego empinado, vin que quedaba pouco e vía a fila de xente, asi que subín un punto a intensidade e paseille a moita xente (10? 20?) ate a curota final onde me sorprendeu o enteiro que estaba.
Vale, para baixar da nube debo dicir que foi pouco máis de hora e media e menos de 400m. de desnivel, pero as sensacións foron moi boas, e se o día che sae cruzado é abondo para rematar queimado. Na clasificación quedei quizais un pouco máis adiante do habitual.
Na meta
Rematas antes das doce, con comida e bebida, 20ºC de temperatura, ao sol, rodeado de xente coa que compartes experiencia e ilusións,... non daban gañas de marchar e puidemos desfrutar o momento.
foto web concello Ames
Grazas a organización, pois os horarios cumpríronse, o traslado foi áxil, o marcado da ruta perfecto, os avituallamento no lugar indicado, e desfrutamos das instalacións do Aeroclube (grazas tamén).
Con respecto ao nivel técnico e de dureza esta carreira é nivel iniciación nesto do trailruning, pero son moi necesarias esta carreiras pois permiten que moita xente descubra esta forma de correr e, se lle presta, seguir mellorando e quizais buscar outras de máis dificultade e que signiquen un desafío personal maior.
Crónica da xornada e orixe das fotografías na web do Concello de Ames
Comments
March 2, 2024 12:25
Awesome and interesting article. Great things you’ve always shared with us. Thanks. Just continue composing this kind of post. Pawn Now
March 4, 2024 12:50
Hey, this day is too much good for me, since this time I am reading this enormous informative article here at my home. Thanks a lot for massive hard work. air duct cleaning charleston sc
March 22, 2024 05:54
I admire this article for the well-researched content and excellent wording. I got so involved in this material that I couldn’t stop reading. I am impressed with your work and skill. Thank you so much. https://entreninos.org/
May 6, 2024 09:20
Excellent to be visiting your blog again, it has been months for me. Rightly, this article that I’ve been served for therefore long. I want this article to finish my assignment within the faculty, and it has the same topic together with your article. Thanks for the ton of valuable help, nice share. 슬롯커뮤니티