Chego de correr uns 80', ao xeito do corpo, por terreo variado e un pouquiño de desnivel. A sensación era de ir correndo fácil, deixando fluír tanto as pernas como a cabeza, e así ocurréuseme abrir este blog en Plume, un xeito de escribir todas esas cousas nas que vas pensando mentras corres, esas cousas que cando estás correndo che parecen moi boa idea, unha pensada xenial, pero que dúas horas despois (sen as endorfinas) cres que non lle interesará a ninguén, convertirase nunha idea pretenciosa.
Entrarán tamén reflexións personais sobre esto de correr a pe, crónicas de carreiras e eventos nos que participo (si, tamén), opinións sobre calquer tema de alimentación, saúde, etc.
Pois aquí estarán, ti decides si paga a pena ler.
Hoxe choveume algo, unha chuvia moi agradable, morna e suave. Había meses que non me mollaba corredo. Enchoupei ate os pés, pois ía con sandalias, e a herba mollada tamén está morna :D
Corrín escoitando o capítulo 4, Una mujer en Berlín da serie sobre a caída de Berlín en #videodrome radio3. A historia completa serve de excusa para presentar varios libros que describen o que en primeira persoa viviron os autores en aquela década. A cal máis duro.
...e pensei en escribir esta primeira entrada como presentación.
Comments
February 22, 2024 11:24
Food is essential for life, offering nourishment and pleasure. It’s a cultural cornerstone, reflecting traditions and values. The variety of cuisines worldwide showcases creativity and diversity. Good food brings people together, fostering connections and memories. It’s also a source of inspiration, driving culinary innovation and exploration. Stella
February 24, 2024 12:38
Sustain the nice do the job, When i understand several threads within this web page in addition to I’m sure that a world-wide-web blog site is usually authentic useful possesses bought communities connected with excellent facts. meble dla dzieci
February 24, 2024 12:56
Sustain the nice do the job, When i understand several threads within this web page in addition to I’m sure that a world-wide-web blog site is usually authentic useful possesses bought communities connected with excellent facts. meble dla dzieci
March 19, 2024 18:40
I am very happy to discover your post as it will become on top in my collection of favorite blogs to visit. https://zimbabwereporter.com/