Xa remata a miña tempada de carreiras populares, por saúde física e mental, noto que me costa estar motivado para prepararme para carreiras como a do domingo en Muras.
Tamén se esgotan as ideas sobre cómo contar aquí a participación no evento. Igual tamén teño que deixar de contar que fun alí, corrín coas compañeiras, bonita paisaxe, facía calor, molestia aquí ou acolá, ... Ao final ainda hei rematar inventando algunha historia. Por agora non.
Mais si, toca descansar de esto.
entre os agasallos recibidos na bolsa da corredora está este fermoso bote de Mel de Montaña de Muras.
Trail das bestas.
Sitio web do Trail das bestas
perfil sacado da miña actividade, o trail longo do evento.
Lera bastantes comentarios favorables acerca do ben organizado, entretido e duro que era este trail, e agora podo dicir que os comparto.
O evento consta dunha distancia "maratón" e dúas máis curtas e unha andaina. Apunteime a distancia maratón, porque xa que imos pois qué carallo! e maloserá! En novembro, na serra do Xistral a meteoroloxía comeza a ser adversa. Cadrounos unha semana na que a chuvia foi frecuente e na finde pasou por enriba unha borrasca con bastante vento e chuvia. Coa predición meteorolóxica que había os organizadores decidiron uns días antes modificar as rutas previstas, acortando o maratón e evitando chegar aos cumios máis expostos ao temporal por seguridade para os participantes. Ninguén mellor ca organización para valorar a situación e a responsabilidade ante calquer situación.
A todas nos gustan os desafíos, pero alguén ten que ter sentidiño.
Cando eu pasei por aquí (punto máis alto da ruta) estaba pechado de néboa e soplaba moito vento.
O Tempo
As previsións cumplíronse e quedounos "un día bastante bo"... para traer aquí un relato sobre o duro que foi, as dificultades de correr medio enterrado na lama, cómo soplaba e o frío que facía alá arriba (abofé!), etc etc.
En realidade foi un día de inverno normal. Se fai vento, pois nos altos sopla máis. Se chove, pois móllaste.
Nestos días é importante escoitar as recomendacións da organización sobre a ruta, saber onde pode haber dificultades, e sobre todo levar a roupa axeitada para as circunstancias e o material obligatorio que indique a organización.
baixando, ao inicio da ruta, por unha das corredoiras alfombradas de follas dos castiñeiros. Hai que ir con tino
Máis ou menos, cando a xente se apunta a estas carreiras, sabe onde se mete. Pero as circunstancias concretas da comarca e o terreo polo que se vai moitas veces non as coñecemos, e debemos atender a quen si que as coñece, pola nosa propia seguridade. Non é unha situación de peligro extremo (máis alá dun golpe), pero pódelo pasar moi mal se por calquera circunstancia estás exposto durante horas ao frío e a auga e nun lugar de acceso dificil. Por esto, hai que ter certo nivel de autosuficiencia en caso de accidente.
A carreira
O recorrido era un continuo subir e baixar, sen costas demasiado pronunciadas en xeral, pero das que te van minando pouco a pouco. Quizáis demasiado asfalto ao inicio, pero en xeral seguimos carreiros polo bosque do curso alto do Eume.
Cruzar o Eume, km 23, tiña a súa complicación
Se a zona ten abondosa auga de por si, tras unha semana chovendo xa podes imaxinar como estaba aquelo: os carreiros non eran tal, se non regatos; nas curtiñas afundíaste por enriba do nocello; a lama ameazaba con descalzarte a cada paso; as marcas no chan de xente que esvaraba eran continuas. Estas condicións engaden un plus de dureza que non se ve no perfil, a enerxía que gastas en cada zancada é maior.
Con respecto ao frío (máis polo vento que pola temperatura) e a chuvia non tiven moito problema. Non notei que se me metese o frío dentro e só nas zonas máis altas arredor do quilómetro 25-30 pasei algo de incomodidade, pois soplaba moito. Nalgún tramo, con vento moi forte en contra e chuviscando, incluso me puxen a correr só evitar precisamente enfriar, pillar frío é peor que a dor e o cansanzo. Realmente foi algo así como unha hora mala, no resto do recorrido estabamos bastante protexidos do vento, e a chuvia non foi intensa en ningún momento.
Fíxoseme dura e ía con gañas de rematar, pero deixoume bo sabor de boca tanto pola ruta en si como pola organización.
Entrega de dorsais áxil e coa información precisa antes da saída, obsequio da organización/concello, seguimento por gps ao vivo, sinalización perfecta, as duchas estaban ao pe da meta, amplas zonas para aparcamento, unha carpa para resgardarnos e comer os callos (estaban bos!!) durante a entrega de trofeos. Eu non tiven queixa.
Coñece Muras
Non perdas ocasión de coñecer Muras a través da súa fermosa natureza por medio dos roteiros sinalizados que te levan por carreiros de soutos, ameneiros e a ribeira do curso alto do Eume.
imaxe da web de información turística do Concello de Muras
Crédito das fotografías: A Organización e Concello de Muras.
Comments
December 5, 2023 14:08
aaa
That is really nice to hear. thank you for the update and good luck. digital illustration studio
December 25, 2023 13:51
Unleash the full potential of your machinery with Industry Diesel & Turbo! From Cummins ISX to Holset, we offer comprehensive turbo services, including rebuilds and replacements. Find the perfect turbo for your trucks, buses, construction equipment, and more.“ holset turbo rebuild
December 26, 2023 11:39
I recently came across your blog and have been reading along. I thought I would leave my first comment. I don’t know what to say except that I have enjoyed reading. Nice blog. I will keep visiting this blog very often. fa88.dev
January 10, 2024 19:40
I have read your blog it is very helpful for me. I want to say thanks to you. I have bookmark your site for future updates. https://lightinfitness.com/
January 30, 2024 13:03
TrustZone Bets stands tall as a trusted Toto site in 2023, offering a secure refuge for members. With an emphasis on safety, this platform combines advanced security features with an easy-to-navigate design. Immerse yourself in trustworthy betting, confident that your satisfaction and security are top priorities. 안전놀이터
April 21, 2024 13:12
Your website is really cool and this is a great inspiring article. certified translation service online
April 13, 2024 11:16
Pretty good post. I have just stumbled upon your blog and enjoyed reading your blog posts very much. I am looking for new posts to get more precious info. Big thanks for the useful info. commercial roofing services
April 13, 2024 13:19
Step into a world of luxury and sophistication at Radiance Floresta. Your dream home awaits in Bangalore’s most desirable neighborhood. Radiance Floresta
April 21, 2024 12:48
Superbly written article, if only all bloggers offered the same content as you, the internet would be a far better place.. Kfz Gutachter Berlin
April 21, 2024 13:36
A very excellent blog post. I am thankful for your blog post. I have found a lot of approaches after visiting your post. beachwear uae
May 12, 2024 13:23
This is such a great resource that you are providing and you give it away for free. I love seeing blog that understand the value of providing a quality resource for free. instanavigation
May 14, 2024 06:27
Took me time to read all the comments, but I really enjoyed the article. It proved to be Very helpful to me and I am sure to all the commenters here! It’s always nice when you can not only be informed, but also entertained! Cool Conditioners